banner - SBPC 2022

Carlos Toural Bran

Universidade de Santiago de Compostela
Carlos Toural Bran
Profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Xornalismo pola universidade compostelá e Doutor en Ciencias da Comunicación, imparte docencia en materias relacionadas cos cibermedios, o ámbito multimedia, os novos formatos e o deseño. Ten publicado numerosos libros e artigos no campo da converxencia, a arquitectura da información, as redes sociais e os cibermedios. Membro do grupo de investigación Novos Medios dende o ano 2006, foi vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e na actualidade é Director do Gabinete do Reitor tamén na USC. É director de RAEIC (Revista da Asociación Española de Investigación de la Comunicación).